Friday 17 de May de 2024

O sábado 18 de novembro volve a programación do APEGO con “A nena e os tres osos” de Bea Campos (Migallas Teatro)


O luns, 13 de novembro, ás 10.00h comeza o prazo de inscrición para o espectáculo A nena e os tres osos de Bea Campos, de Migallas Teatro que se celebrará o sábado 18 de novembro ás 18:00h

A nena e os tres osos é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos, con monicreques e cancións. Unha peza visual, baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil. O espectáculo está orientado a familias con nenos e nenas a partir de 1 ano.

Día: sábado 18 de novembro
Lugar: Centro Cultural A Fábrica
Horario: 18.00 h
Persoas destinatarias: familias con nenas e nenos a partir de 1 ano
Duración:40 minutos
Inscrición: desde o luns 13 de novembro

Podedes realizar a inscrición a través dos formularios habilitados na páxina web.